viernes, 25 de diciembre de 2009

SELECCION GALEGA XA

O berro unánime de todo un povo, farase maña sentir polas rúas de Compostela, este ano e tras a chegada ao goberno galego do Señor Nuñez Feijoo o noso pais non xogara o seu habitual partido internacional de Nadal.
Este feito só pode entenderse coma un ataque máis a nosa identidade nacional, o noso sentir como nación que quer ocupar o seu propio lugar no mundo a todos os niveis.
Como moitos de vos sabedes a Asociación Xuvenil " O Pipote" organizaba todos os anos unha viaxe ao partido dende Maceda para dar ánimos o combinado nacional, este ano moitos dos socios estaremos de forma anónima dando forzas a nosa selección pero non se podera organizar a viaxe debido a falta de apoios institucionais, comprensible xa que non se trata dun encontro ofial, senón dun acto político en defensa dos nosos intereses nacionais.
Non faltes a cita, o 26/12 vemonos todos /as en Compostela, por a Selección e por Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario