lunes, 28 de diciembre de 2009

Allariz " Aquel Agosto do 89"



Pois nada, acercase xa o final do ano 2009, cumprense por tanto 20 anos da histórica revolta que permitiu colocar a Allariz no lugar no que hoxe se atopa, grazas ao traballo de moitas/as nacionalistas que loitaron en tempos dificiles.
A pesar de todo a evolución de algún dista bastante do que foi aquela revolta, deixo por tanto unha pregunta no aire ¿ Estaría hoxe disposto o Señor Quintana a participar nunha revolta popular e participativa que parte das bases da sociedade como aquela do ano 89? Xuzgade vos mesmos.
Deixovos o enlace do Documental realizado polocCatalán Fernan Llagostera sobre aqueles feitos, quero aproveitar este Documental para darlle o meu homenaxe a todos/as os que en todos os vieiros do noso país loitaron en defensa dos valores que historicamente representa o nacionalismo de esquerdas.
Enlace: http://cousasdeimeneo.blogspot.com/2008/05/aquel-vern-do-89.html

Toda esta entrada ven a raiz de que o próximo Xoves os amigos/as do Via XVIII acercarémonos a Allariz para participar na San Silvestre Alaricana,despedindo así o ano 2009 e preparando a entrada dun 2010 que promete ser ilusionante en todos os aspectos, esperando que a familia do Via XVIII siga medrando.
A nivel competitivo intentarei estar o máis adiante posible, a verdade é que me encontro en boa forma e motivado, asi que nada o dito amigos o 31/12 vemonos en Allariz.

1 comentario:

  1. Mañá hai unha concentración na defensa da nosa lingua, o galego, por suposto. E fai falta canalizar as enerxías para o que está a acontecer a día de hoxe, e non en hipotéticos supostos do que podería ou non podería acontecer. XA TEMOS UN PRESENTE, e pintaría moito mellor se nos centramos no que nos temos que centrar!

    ResponderEliminar