lunes, 22 de febrero de 2010

Días de Agobio e Adestramento


Boas amigos/as
Teñovos un pouco abandonados nas últimas semanas, por un lado o traballo estame a ocupar bastante máis horas do que é habitual, levamos unha tempada centrados na preparación do Xacobeo 2010, para os que non o sepades o meu traballo como Axente de Viaxes (www.costasgalicia.com) provoca nesta altura do ano bastante saturación na preparación da tempada estival, esta saturación cobra unha forza especial no presente ano debido a celebración do Xacobeo.

A pesares de estar sumidos nunha importante crise económica, o sector turístico en Galiza aproveitara o tirón da celebración do Xacobeo 2010, para convertirse nun puntal importante do noso debilitado sector servizos.
Tense falado bastante estes días sobre a xestion da Xunta de Galiza na Organización de dito evento, en breve deixareivos a miña verdade sobre o asunto, a pesares de todo o que esta claro e que os políticos deste pais estan deixando escapar unha oportunidade única para mostrar o noso pais ao mundo traves deste importante evento.

Por outro lado dende que comenzou o 2010 , a nivel deportivo a miña cabeza esta na Barcelona Marato, que disputaremos eu e o meu colega do Vía XVIII Manuel Casado o vindeiro 7 de Marzo.
As sensacións para a carreira son bastante boas, teño adestrado duro nos últimos tempos e acudo coa ilusión de facer unha boa marca, a pesares de todo nunha carreira de 42kilometros pode pasar de todo por tanto sairei por 2ª Ano Consecutivo a disfrutar da gran festa que supón correr xunto a máis de 10.000 persoas polas rúas da capital Catalana.
A Maraton é unha carreira especial, unha carreira de superación persoal, de loita contra un mesmo.
Resulta moi dificil describir con palabras o que signfica rematar unha Maraton, por tanto animovos a participar nalguna das moitas que se celebran nas principais cidades europeas,se pode ser no marco dunha cidade da beleza de Barcelona moito mellor.
Saude

jueves, 4 de febrero de 2010

Duatlon Beariz


Tras unha longa noite de pedra de 8 anos, o pasado Domingo volvín ao mundillo do Duatlón, animado en parte por Jacobo Mosquera e por toda a xente do Beariz Triatlón.

A nivel físico notaba bastante cansado , nas últimas semanas estou adestrando moito volume pensando no vindeiro gran reto, que non é outro que a Barcelona Marato que se celebrara o 07/03.

En canto a carreira quedei gratamente sorprendido do elevado nivel de participación, o primeiro 5000 correndo foi rapidísimo, a xente roda a pe ao nivel dos mellores populares galegos.
Tras finalizar a 1ª Transicción en 9ª lugar, comenzei o Segmento da BTT con ambición, o problema é que levaba 3 anos sen montarme nunha BTT e 7 meses sen andar en bici, incluso apenas probara a bici coa que competin e non tiña as medidas correctas, levaba o sillín demasiado baixo.
Esa gran ambición coa que comenzei o segmento da bici fixo que na primeira baixada técnica me fora ao chan,dende ese momento tomeime o asunto con bastante máis calma e filosofía.

No segmento da bici non atopei en ningún momento boas sensacións e pasoume bastante xente, tras deixar a bici a última transicción da carreira foi moito mellor e sentime cómodo.
Rematei con gañas de voltar a competir, fareino este Domingo, no Duatlon Cross de Samieira (Poio)

Non quero rematar esta entrada sen dar os meus parabens aos Compañeiros do Clube Triaton Beariz pola gran carreira que organizaron, estou orgulloso de formar parte desta gran familia que é o Clube Triatlón Beariz

sábado, 30 de enero de 2010

Parabens Pablo



Hoxe é un día histórico para o Deporte Macedán, por 1ª vez un deportista vilego representa ao estado español e participa nun Campeonato do Mundo, esta honra pertencelle a Pablo Rodriguez, un rapaz formado na Escola de Ciclismo do Clube Ciclista Maceda a que chegou con apenas 10 anos.

A participación de Pablo neste mundial un premio para toda a xente que ao longo de tantos anos traballou para que o ciclismo saira adiante en Maceda, mesmo en condicións francamente dificiles, a todos eles en xeral, e a Xulio Conde en particular quero felicitar por este éxito e tamén por acercar o Ciclismo a tantos nenos/as ao longo dos máis de 20 Anos de Historia do Clube Ciclista Maceda na súa etapa moderna.

Por último só espero que este éxito anime aos Patrocinadores a seguir apostando polo proxecto do Clube Ciclista Maceda, un proxecto basado no traballo coa base, que lle da a oportunidade aos ciclistas de Maceda a participar nas mellores carreiras do estado.

viernes, 29 de enero de 2010

DORSAL 14


Este Domingo en Beariz, volverei a atoparme con un maravilloso amigo que hai tempo deixei atras, atopareime de novo e esperamos que por moito tempo co DUATLON

A miña relacción con este maravilloso deporte comenza ala polo 2001, cando participo nas proba escolares promovidas pola Dirección Xeral para o Deporte, ese ano na Categoría Cadete finalizei 3 no Campeonato Galego, que gañou un tal Manuel Piñeiro.


Animado por eses bos resultados o ano seguinte preparei mellor a tempada de Duatlon e tras rondar sempre os primeiros postos nas probas do Calendario Galego, representei a Galiza no Campeonato España por Autonomías en Lugo, rematei no posto 14, tras realizar o mellor parcial ciclista.

Aquela foi miña última carreira do meu breve periplo duatleta, en parte porque a partires daquel ano me centrei na bici e ao coincidir as competicións era imposibe compaxinar ambas disciplinas.

Agora 8 anos despois e animado polos amigos do Clube Triatlon Beariz,volvo a competir en Duatlon, o meu debut sera este Domingo no Duatlon Cross de Beariz, en donde ante todo sairei a divertirme e a pasar unha boa maña en compañía de todos os amigos e persoas que rodean este maravilloso deporte.
O meu rendemento sera unha incognita ata para min mesmo, non teño nin bici de monte, participarei grazas ao meu amigo Iago García, que me prestara unha das súas bicis.

Xa para rematar a vida ten certas casualidades, hoxe mentras visualizaba a lista de inscriptos percateime, correrei co Dorsal 14, xusto a miña clasificación na última carreira de Duatlon na que participei, certamente curioso.

jueves, 21 de enero de 2010

Caótica Semana e Cargado Finde

Boas xente.
Levo unha semana super agobiado con mil historias, sobre todo a nivel laboral, e teñovos un pouco abandoados.

O pasado Domingo debutei en Cross, e menuda carreira para facelo,o Cpto Galego de Cross Corto, a carreira tuvo pouca historia xa que a Ximnástica de Pontevedra exerceu un dominio aplastante metendo a 4 dos seus atletas entre os 5 primeiros.
A nivel persoal foi un experiencia moi divertida, totalmente diferente a todas as competicións que realizara ata este momento no meu corto camiño como Runner.
Tratabase dunha carreira moi corta, 4,5 kms. e saian demasiado rápido, a metade de carreira paguei a miña osadia e desinfleime bastante.
O mellor do día o gran ambiente de Atletismo vivido en Monterrei con moitos correlegas que non se animaron a participar.



E este fin de seman, como as persoas somos en parte ,animais de costumes toca de novo atletismo, a verdade é que últimamente estou entrando nunha dinámica na que os fin de semana que non hai competicións voltanse moi raros.
Este finde presentase en principio con dobre cita atlética, o Sábado Cpto Provincial de Cross e o Domingo Carreira Popular de Boboras ( acabo de inscribirme pero aínda non teño claro participar)

O Sábado encantariame facer unha boa carreira e colaborar así para que o meu equipo, O Casa da Xuventude Ourense consiga medalla por equipos no Cpto Provincial, sería un bonito premio para Lalo Rosales que no primeiro ano de andaida do equipo se conseguira medalla nun Cpto Provincial, esta pondo moita ilusión neste proxecto e encantariame devolverlle todo o seu traballo e adicación con unha gran carreira o Sábado, a verdade é que a penas adestrei esta semana e non sei como me atoparei o Sábado, só prometo unha cousa, correrei con cabeza e farei unha carreira intelixente.

O Domingo quizas acompañe aos amigos do Vía XVIII na Popular de Boboras, decidireino o Sábado tras correr o Cpto Provincial.
Pois nada xente xa vos irei contando que teño bastantes máis novidades.

sábado, 16 de enero de 2010

Maña ; Cpto Galego de Cross Corto

Pois o dito, maña en Monterrei un servidor enfrentarase ao seu 1ª Cross, e menudo debut, nada menos que no Campeonato Galego de Cross Corto, sera unha proba na que os mellores atletas nacionais pelexen polo titulo por equipos, a priori sera un duelo fraticida entre o Ourense Academia Postal e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, que loitara por revalidad o titulo conseguido o pasado ano.

O noso equipo, O Casa da Xuventude, pouco tera que decir no día de maña, a nosa loita estara a próxima semana no Cpto Provincial en donde loitaremos por conseguir medalla por equipos, a de Bronce a priori parece moi aberta ( Burgas Atletismo , Caio, Casa da Xuventude ...) conseguir unha medalla sería unha bonita forma de agradecer a Casa da Xuventude e o seu Presidente,Lalo Rosales o seu apoio ao Atletismo Popular nos últimos tempos.

A nivel persoal sera unha carreira para disfrutar, sairei sin ningún tipo de obxetivo xa que sendo realista, esta xente esta a outro nivel.
Ademais a carreira de maña sera un Flashback, a volta aos tempos do cole nos que Don Suso nos levaba a competir a Monterrei nos Croses Escolares,lembrome especialmente dun deses crosses nos que eu e o meu amigo Luis Carballo " Boli" entramos sprintando a tope en meta para xogarnos o posto 10 ou 20 jejej ,e gañou el, a día de hoxe aínda mo recorda ...


VEMONOS NO BARRO

martes, 12 de enero de 2010

PARABENS CICLISTAS




Agora que a tempada de Ciclocross remata, quero aproveitar esta pequena fiestra virtual para felicitar a todos os integrantes da Escola de Ciclismo de Maceda.

Destacar a gran tempada de Pablo Rodriguez, que no seu primeiro ano na categoría Junior mediuse cos mellores especialistas de todo o estado finalizando en 2ª Posición na Copa de España, e gañando moitas carreiras, incluido o Campeonato Galego da especialidade, unha magoa a súa mala sorte, en forma de diversas averias nos Campeonatos Estatais.




Sería inxusto non felicitar e recoñecer a gran tempada realizada por Iago García e Marcos Villar, eclipsada en parte polos éxitos de Pablo, a pesares de todo ambolos dous firmaron varios postos de podium en varias ocasións e foron habituais entre os 10 primeiros ao longo de toda a tempoada, incluso nas carreias de Copa de España en donde o nivel de paticipación é altísimo.

Ágora tocalle descansar e pensar en novos retos, excepto a Pablo que redondeara a súa tempada participando no próximo mundial de Ciclocross.

Sera o primeiro ciclista Macedán en participar nun Mundial, feito que nos enche de satisfacción a toda a familia ciclista de Maceda, agardando que tras Pablo moitos máis rapaces formados na Escola Ciclista de Maceda participen en Campeonatos do Mundo.
Ánimo Rapaces e a seguir así.