viernes, 18 de diciembre de 2009

O Domingo San Cibrao / Un Día Especial

Este Domingo 20/12/09 celebrase a Popular de San Cibrao, unha carreira especial para min.
Tratase dunha Popular máis,das moitas que se organizan por todo o Pais ( grazas o esforzo anónimo de moita xente) pero tratase tamén da Popular en donde retomei a Actividade Deportiva tras dous anos e medio parado.
Debido a diversos factores que tampouco sabería explicar moi ben ( Supoño que esgotamento, aburrimento ou quizas desengano ...) en Xullo de 2006 decidin abandonar o ciclismo, tras 10 anos competindo.
Comenzou entón unha nova etapa na miña vida ( marcada sobre todo pola miña entrada no mercado laboral) na que deixei o deporte abandonado, cheguei a engordar máis de 20Kgs ...
Animado en parte por un compañeiro de traballo decidín comenzar a correr algo ... menuda fustración non era capaz de correr nen 4 kilometros sen parar, pero pouco a pouco fun collendo tono e animado polos amigos/as que hoxe formamos a Asociación Vía XVIII decidinme a participar na Carreira de San Cibrao do pasado ano, como podedes ver na foto dese día con bastante sobrepeso.
Dende ese día o deporte volveu a formar parte da miña vida, e a de San Cibrao seguirón moitas máis carreiras ( Barcelona Marato, Vig-Bai, Media Maraton de Viana do Castelo, Media Maratón de Pontevedra ...)
En relacción a carreira en si chego nun bo momento de forma e encantariame poder rematar entre os 20 primeiros, pero eso é o de menos, o importante é que o Domingo un bo amigo iniciase no mundo do Runner e a bo Seguro que tamén se quedara por moito tempo, ese amigo non é outro que o celebre Panucci,que seguro que sorprendera a máis de un co seu resultado.
Por outro lado e xa para despedirme quero desexarlle moita sorte a todos os colegas que o Domingo compiten na Lugo Monumental ( Monchito, Manuel, Pose, JJ, Julito, Xoana, Xil...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario