domingo, 20 de diciembre de 2009

Gran Día de Atletismo en San Cibrao.





Boas amigos/as.
Na fría maña de hoxe celebrouse no entorno das Piscinas de Ponte Noalla unha edición máis da Popular de San Cibrao.
En primeiro lugar quero aproveitar para felicitar a organización polo fermoso espectáculo do cal nos fixeron desfrutar no día de hoxe, un 10 para eles en todos os sentidos ( novo percorrido, camisolas, pinchos ao remate ...)
No que respecta a carreira e como vos indiquei na anterior entrada moitos esperabamos con ganas o debut do noso amigo Panucci, e non defraudou parando o crono nun bo rexistro de 31:11 a un Parcial por kilometro de 3:41 que non esta nada mal para ser a súa primeira incursión no mundo do Runner.
En relacción a miña actuación no día de hoxe quedei moi satisfeito, estou atravesando un bo momento de forma tras os duros adestramentos dos últimos dous meses e parece que comenzo a recoller os froitos.
Con un bo nivel de participación nesta nova edición da Popular de San Cibrao a miña saida foi tan explosiva como sempre aguantando en todo momento cos primeiros ( formamos un grupo de 5 atletas en persucución dun imparable Pepe Marquez que xa dende a saida impuxo un ritmo elevadísimo e rodou en solitario durante toda a proba),en torno ao Km. 3 levantei un pouquiño o pe para poder chegar con algo de forza a crucial subida de metade de carreira e formei un duo co noso veciño, o Alaricano Victor Conde do ADAS, a falta de 2 km. para a meta Victor soltoume uns metros,conseguin apretar e volverme a unir a el, a falta de 400 metros para a meta, tentei sorprendelo de lonxe con un pequeno cambio pero foi imposible levaba moita máis forza ca min e tuven que conformarme co 7 Posto na Xéral; 1 na Categoria Senior.
A nivel persoal o balance ten que ser positivo, tras un ano no mundo do Running comenzo a sentirme ben e a rodar a bos ritmos, resulta moi gratificante poder vencer na miña categoria na mesma carreira na que un ano atras comenzaba o meu romance co atletismo.
Por último non quero despedirme sen felicitar aos meus colegas do Via XVIII pola súa gran actuación na Monumental de Lugo, especialmente a Monchito que conseguiu baixar do seu liston dos 40 minutos nun 10.000
Saude e vemonos na próxima, quizas compita na espectacular San Silvetre de Porto o día 27, xa vos irei contado.

3 comentarios:

  1. si señor luismi, boa non, boisima carreira , josert xa firmaba eu, ainda que no me queixo para nada
    sau2

    ResponderEliminar
  2. Menudo atleta que tenemos aquí... y sólo en 1 año ¡Dios mío! Enhorabuena por tu actuación, ten seguro que no te perderemos de vista... me refiero a lo que escribas y buscarte en las clasificaciones, claro... porque en carrera va a ser difícil.

    ResponderEliminar
  3. Carrerón si señor!

    Un placer haberte conocido! :)

    ResponderEliminar