sábado, 30 de enero de 2010

Parabens Pablo



Hoxe é un día histórico para o Deporte Macedán, por 1ª vez un deportista vilego representa ao estado español e participa nun Campeonato do Mundo, esta honra pertencelle a Pablo Rodriguez, un rapaz formado na Escola de Ciclismo do Clube Ciclista Maceda a que chegou con apenas 10 anos.

A participación de Pablo neste mundial un premio para toda a xente que ao longo de tantos anos traballou para que o ciclismo saira adiante en Maceda, mesmo en condicións francamente dificiles, a todos eles en xeral, e a Xulio Conde en particular quero felicitar por este éxito e tamén por acercar o Ciclismo a tantos nenos/as ao longo dos máis de 20 Anos de Historia do Clube Ciclista Maceda na súa etapa moderna.

Por último só espero que este éxito anime aos Patrocinadores a seguir apostando polo proxecto do Clube Ciclista Maceda, un proxecto basado no traballo coa base, que lle da a oportunidade aos ciclistas de Maceda a participar nas mellores carreiras do estado.

viernes, 29 de enero de 2010

DORSAL 14


Este Domingo en Beariz, volverei a atoparme con un maravilloso amigo que hai tempo deixei atras, atopareime de novo e esperamos que por moito tempo co DUATLON

A miña relacción con este maravilloso deporte comenza ala polo 2001, cando participo nas proba escolares promovidas pola Dirección Xeral para o Deporte, ese ano na Categoría Cadete finalizei 3 no Campeonato Galego, que gañou un tal Manuel Piñeiro.


Animado por eses bos resultados o ano seguinte preparei mellor a tempada de Duatlon e tras rondar sempre os primeiros postos nas probas do Calendario Galego, representei a Galiza no Campeonato España por Autonomías en Lugo, rematei no posto 14, tras realizar o mellor parcial ciclista.

Aquela foi miña última carreira do meu breve periplo duatleta, en parte porque a partires daquel ano me centrei na bici e ao coincidir as competicións era imposibe compaxinar ambas disciplinas.

Agora 8 anos despois e animado polos amigos do Clube Triatlon Beariz,volvo a competir en Duatlon, o meu debut sera este Domingo no Duatlon Cross de Beariz, en donde ante todo sairei a divertirme e a pasar unha boa maña en compañía de todos os amigos e persoas que rodean este maravilloso deporte.
O meu rendemento sera unha incognita ata para min mesmo, non teño nin bici de monte, participarei grazas ao meu amigo Iago García, que me prestara unha das súas bicis.

Xa para rematar a vida ten certas casualidades, hoxe mentras visualizaba a lista de inscriptos percateime, correrei co Dorsal 14, xusto a miña clasificación na última carreira de Duatlon na que participei, certamente curioso.

jueves, 21 de enero de 2010

Caótica Semana e Cargado Finde

Boas xente.
Levo unha semana super agobiado con mil historias, sobre todo a nivel laboral, e teñovos un pouco abandoados.

O pasado Domingo debutei en Cross, e menuda carreira para facelo,o Cpto Galego de Cross Corto, a carreira tuvo pouca historia xa que a Ximnástica de Pontevedra exerceu un dominio aplastante metendo a 4 dos seus atletas entre os 5 primeiros.
A nivel persoal foi un experiencia moi divertida, totalmente diferente a todas as competicións que realizara ata este momento no meu corto camiño como Runner.
Tratabase dunha carreira moi corta, 4,5 kms. e saian demasiado rápido, a metade de carreira paguei a miña osadia e desinfleime bastante.
O mellor do día o gran ambiente de Atletismo vivido en Monterrei con moitos correlegas que non se animaron a participar.



E este fin de seman, como as persoas somos en parte ,animais de costumes toca de novo atletismo, a verdade é que últimamente estou entrando nunha dinámica na que os fin de semana que non hai competicións voltanse moi raros.
Este finde presentase en principio con dobre cita atlética, o Sábado Cpto Provincial de Cross e o Domingo Carreira Popular de Boboras ( acabo de inscribirme pero aínda non teño claro participar)

O Sábado encantariame facer unha boa carreira e colaborar así para que o meu equipo, O Casa da Xuventude Ourense consiga medalla por equipos no Cpto Provincial, sería un bonito premio para Lalo Rosales que no primeiro ano de andaida do equipo se conseguira medalla nun Cpto Provincial, esta pondo moita ilusión neste proxecto e encantariame devolverlle todo o seu traballo e adicación con unha gran carreira o Sábado, a verdade é que a penas adestrei esta semana e non sei como me atoparei o Sábado, só prometo unha cousa, correrei con cabeza e farei unha carreira intelixente.

O Domingo quizas acompañe aos amigos do Vía XVIII na Popular de Boboras, decidireino o Sábado tras correr o Cpto Provincial.
Pois nada xente xa vos irei contando que teño bastantes máis novidades.

sábado, 16 de enero de 2010

Maña ; Cpto Galego de Cross Corto

Pois o dito, maña en Monterrei un servidor enfrentarase ao seu 1ª Cross, e menudo debut, nada menos que no Campeonato Galego de Cross Corto, sera unha proba na que os mellores atletas nacionais pelexen polo titulo por equipos, a priori sera un duelo fraticida entre o Ourense Academia Postal e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, que loitara por revalidad o titulo conseguido o pasado ano.

O noso equipo, O Casa da Xuventude, pouco tera que decir no día de maña, a nosa loita estara a próxima semana no Cpto Provincial en donde loitaremos por conseguir medalla por equipos, a de Bronce a priori parece moi aberta ( Burgas Atletismo , Caio, Casa da Xuventude ...) conseguir unha medalla sería unha bonita forma de agradecer a Casa da Xuventude e o seu Presidente,Lalo Rosales o seu apoio ao Atletismo Popular nos últimos tempos.

A nivel persoal sera unha carreira para disfrutar, sairei sin ningún tipo de obxetivo xa que sendo realista, esta xente esta a outro nivel.
Ademais a carreira de maña sera un Flashback, a volta aos tempos do cole nos que Don Suso nos levaba a competir a Monterrei nos Croses Escolares,lembrome especialmente dun deses crosses nos que eu e o meu amigo Luis Carballo " Boli" entramos sprintando a tope en meta para xogarnos o posto 10 ou 20 jejej ,e gañou el, a día de hoxe aínda mo recorda ...


VEMONOS NO BARRO

martes, 12 de enero de 2010

PARABENS CICLISTAS




Agora que a tempada de Ciclocross remata, quero aproveitar esta pequena fiestra virtual para felicitar a todos os integrantes da Escola de Ciclismo de Maceda.

Destacar a gran tempada de Pablo Rodriguez, que no seu primeiro ano na categoría Junior mediuse cos mellores especialistas de todo o estado finalizando en 2ª Posición na Copa de España, e gañando moitas carreiras, incluido o Campeonato Galego da especialidade, unha magoa a súa mala sorte, en forma de diversas averias nos Campeonatos Estatais.




Sería inxusto non felicitar e recoñecer a gran tempada realizada por Iago García e Marcos Villar, eclipsada en parte polos éxitos de Pablo, a pesares de todo ambolos dous firmaron varios postos de podium en varias ocasións e foron habituais entre os 10 primeiros ao longo de toda a tempoada, incluso nas carreias de Copa de España en donde o nivel de paticipación é altísimo.

Ágora tocalle descansar e pensar en novos retos, excepto a Pablo que redondeara a súa tempada participando no próximo mundial de Ciclocross.

Sera o primeiro ciclista Macedán en participar nun Mundial, feito que nos enche de satisfacción a toda a familia ciclista de Maceda, agardando que tras Pablo moitos máis rapaces formados na Escola Ciclista de Maceda participen en Campeonatos do Mundo.
Ánimo Rapaces e a seguir así.

domingo, 10 de enero de 2010

Frío Día de Atletismo nas Terras da Limia





Na fría maña de hoxe disputouse unha nova edición dos 10 Qm de Xinzo de Limia, unha das carreiras máis rápidas do pais, pero a bo seguro que a máis fría en canto a temperatura atmosférica se refire.

Nun día totalmente desapacible para a práctica do Atletismo, no que en ningún momento superamos os 0 Grados, 400 valentes corredeores/as tomamos as rúas de Xinzo para disfrutar un ano máis da gran carreira que nos prepararon os amigos do Clube Limiactiva, si por algo destaca esta carreira é pola gran organización e polo trato amable aos atletas ( duchas, chocolate quente, pinchos ao remate, camisola técnica), non se pode pedir máis.

En canto a competición en si, non podo máis ca estar moi satisfeito co meu resultado no día de hoxe, realizei marca persoal nun 10.000 con un tempo de 34:56 que me permitiu situarme no 6 posto da xéral.
A carreira saiu moi rápida como é habitual neste tipo de competicións, eso si en ningún momento ningen puido facer frente a un imparable Hassan Lekili que dende o primeiro metro puso terra de por medio aventaxando ao 2 clasificado en máis de 2 minutos, sin dúbida Lekili esta a outro nivel.

Destacar a gran actuación de outro correcolega que esta adquirindo un gran nivel nos últimos meses, estou a falar do noso amigo Marcos Gomez " Panucci" que hoxe realizou un moi aceptable tempo de 37:14 o que lle permitiu situarse no posto 27 xusto por detras de Eloy Campos, membro da familia exciclista, que comenza a adestrar para preparar novos obxectivos neste 2010.

Agradecer tamén os ánimos dos amigos Pipotes que nunha maña desapacible se desplazaron as Terras da Limia para animarnos.

CLASIFICACIÓN

1 HASSAN HASSAN LEKHILI 31:46 OURENSE AT. ACADEMIA POSTAL
2 JOSE MANUEL FERNANDEZ MARQUEZ 34:01 OURENSE AT. ACADEMIA POSTAL
3 CRISTIAN DIAZ LORENZO 34:02 OURENSE AT. ACADEMIA POSTAL
4 MIGUEL ANGEL CARRILLO SILVOSO 34:30 ATLETISMO MILLADOIRO
5 ELADIO GÓMEZ ROSALES 34:52 CLUB CASA DA XUVENTUDE OURENSE
6 LUIS MIGUEL BORRAJO GUTIERREZ CLUB CASA DA XUVENTUDE OURENSE / MACEDA VÍA XVIII
7 MIGUEL DAPORTA MÉNDEZ 35:00 OLIMPICO DE VEDRA
8 JOSE ANTONIO VELOSO MIRANDA CLUB DE ATLETAS INDEPENDIENTES DE OURENSE OURENSE
9 IVAN PABLO SANMARTIN CARREIRA 35:24 ATLETISMO MILLADOIRO
10 ANTONIO SOBRADO FERNANDEZ 35:29 Club Atletismo Porriño

OUTROS CORRELEGAS DO VÍA XVIII QUE PARTICIPARON NO DÍA DE HOXE
27 MARCOS GOMEZ GOMEZ " PANUCCI" 37:14 CLUB MACEDA VIA XVIII
46 JOSE ANTONIO CARBALLO POSE 38:38 CLUB VIA XVIII MACEDA
49 LUIS CARBALLO POSE 38:54 CLUB VIA XVIII MACEDA
51 MIGUEL LOPEZ CASADO 38:56 CLUB VIA XVIII MACEDA
145 RAMÓN VILLAR PROL 42:20 CLUB VIA XVIII MACEDA

Antes de despedirme quero agradecer ao Amigo Albertinho o seu regalo da GZ, que pronto lucirei con orgullo na miña camisola de competición.

jueves, 7 de enero de 2010

Welcome 2010

Boas xente.
Teñovos un pouco abandoados neste 2010, a verdade é que levo un comenzo de ano bastante atarefado.

Como moitos/as sabedes o día 31/12 non puiden participar na Derradeira do Ano en Allariz debido a un accidente que se produxo na Cañiza e que nos tivo retidos na autovia durante case 3 horas.

Este 2010 trae algún cambio a nivel deportivo , un deles e que probarei a competir en cross e fareino co Clube Casa da Xuventude de Ourense, con eles tamén competirei en todas as probas federadas, a pesar de todo nas Populares tentarei competir coa camisola do Vía XVIII.

Este Domingo debutarei de Verde nos 10 Quilometros de Xinzo de Limia en donde tentarei facer unha boa carreira e meterme entre os 20 primeiros , a pesar de todo o nivel vai a ser altísimo xa que nas Terras da Limia daranse cita os mellores Populares Galegos, encabezados por Hassan Lekili.

Participaremos un bo número de atletas macedas, entre os que habera que ver a evolución de Panucci que na Derradeira do Ano nos deleitou con un 6 posto.
Por outro lado que ninguen esqueza que se disputan en Laredo ( Cantabria) os Campeonatos de España de Ciclocross en donde o macedán Pablo Rodriguez conta con opcións de levarse o Título na categoría Junior, ademais Marcos Villar debutara cos cores da Selección Galega redondeando así unha gran tempada invernal, unha pena que outro corredor do Clube Ciclista Maceda como é Iago García non contara para o seleccionador e non compita representando a Galiza, dende o meu humilde punto de vista ten ese posto máis ca merecido.

Moita sorte a todos e parabens a toda a xente do Clube Ciclista Maceda en xeral, e a Xulio en particular polo traballo que levan desenvolvendo en favor do ciclismo de base en Maceda , sen o seu esforzo sería imposible dar tantas facilidades aos rapazes con tan pouco orzamento.