martes, 22 de diciembre de 2009

NOVO ANO; NOVOS RETOS



Agora que remata xa 2009, comenza o momento de pensar nun novo e ilusionante 2010, no que xa formalizei a miña inscripción na Barcelona Marato,proba na que non estarei só xa que Manuel Casado outro dos membros do Clube Maceda Via XVIII tamén participara.
Acudirei a capital Catalana coa ilusión de disfrutar dunha bonita fin de semana deportiva e de tentar mellorar o meu rexisto do pasado ano (3Horas:11 Minuto),non prepararei especificamente a Maratón é centrareime máis nas Populares, no meu debut en Cross e no retorno 7 anos despois ao Duatlón, un deporte espectacular que vos animo a probar.
Finalmente non competirei esta Fin de Semana na San Silvestre de Porto, polo que nos vemos todos/as na San Silvestre Alaricana para despedir o ano e iniciar un ilusionante 2010.
Boas festas de Nadal para todos e Feliz 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario