lunes, 22 de febrero de 2010

Días de Agobio e Adestramento


Boas amigos/as
Teñovos un pouco abandonados nas últimas semanas, por un lado o traballo estame a ocupar bastante máis horas do que é habitual, levamos unha tempada centrados na preparación do Xacobeo 2010, para os que non o sepades o meu traballo como Axente de Viaxes (www.costasgalicia.com) provoca nesta altura do ano bastante saturación na preparación da tempada estival, esta saturación cobra unha forza especial no presente ano debido a celebración do Xacobeo.

A pesares de estar sumidos nunha importante crise económica, o sector turístico en Galiza aproveitara o tirón da celebración do Xacobeo 2010, para convertirse nun puntal importante do noso debilitado sector servizos.
Tense falado bastante estes días sobre a xestion da Xunta de Galiza na Organización de dito evento, en breve deixareivos a miña verdade sobre o asunto, a pesares de todo o que esta claro e que os políticos deste pais estan deixando escapar unha oportunidade única para mostrar o noso pais ao mundo traves deste importante evento.

Por outro lado dende que comenzou o 2010 , a nivel deportivo a miña cabeza esta na Barcelona Marato, que disputaremos eu e o meu colega do Vía XVIII Manuel Casado o vindeiro 7 de Marzo.
As sensacións para a carreira son bastante boas, teño adestrado duro nos últimos tempos e acudo coa ilusión de facer unha boa marca, a pesares de todo nunha carreira de 42kilometros pode pasar de todo por tanto sairei por 2ª Ano Consecutivo a disfrutar da gran festa que supón correr xunto a máis de 10.000 persoas polas rúas da capital Catalana.
A Maraton é unha carreira especial, unha carreira de superación persoal, de loita contra un mesmo.
Resulta moi dificil describir con palabras o que signfica rematar unha Maraton, por tanto animovos a participar nalguna das moitas que se celebran nas principais cidades europeas,se pode ser no marco dunha cidade da beleza de Barcelona moito mellor.
Saude

jueves, 4 de febrero de 2010

Duatlon Beariz


Tras unha longa noite de pedra de 8 anos, o pasado Domingo volvín ao mundillo do Duatlón, animado en parte por Jacobo Mosquera e por toda a xente do Beariz Triatlón.

A nivel físico notaba bastante cansado , nas últimas semanas estou adestrando moito volume pensando no vindeiro gran reto, que non é outro que a Barcelona Marato que se celebrara o 07/03.

En canto a carreira quedei gratamente sorprendido do elevado nivel de participación, o primeiro 5000 correndo foi rapidísimo, a xente roda a pe ao nivel dos mellores populares galegos.
Tras finalizar a 1ª Transicción en 9ª lugar, comenzei o Segmento da BTT con ambición, o problema é que levaba 3 anos sen montarme nunha BTT e 7 meses sen andar en bici, incluso apenas probara a bici coa que competin e non tiña as medidas correctas, levaba o sillín demasiado baixo.
Esa gran ambición coa que comenzei o segmento da bici fixo que na primeira baixada técnica me fora ao chan,dende ese momento tomeime o asunto con bastante máis calma e filosofía.

No segmento da bici non atopei en ningún momento boas sensacións e pasoume bastante xente, tras deixar a bici a última transicción da carreira foi moito mellor e sentime cómodo.
Rematei con gañas de voltar a competir, fareino este Domingo, no Duatlon Cross de Samieira (Poio)

Non quero rematar esta entrada sen dar os meus parabens aos Compañeiros do Clube Triaton Beariz pola gran carreira que organizaron, estou orgulloso de formar parte desta gran familia que é o Clube Triatlón Beariz