sábado, 30 de enero de 2010

Parabens Pablo



Hoxe é un día histórico para o Deporte Macedán, por 1ª vez un deportista vilego representa ao estado español e participa nun Campeonato do Mundo, esta honra pertencelle a Pablo Rodriguez, un rapaz formado na Escola de Ciclismo do Clube Ciclista Maceda a que chegou con apenas 10 anos.

A participación de Pablo neste mundial un premio para toda a xente que ao longo de tantos anos traballou para que o ciclismo saira adiante en Maceda, mesmo en condicións francamente dificiles, a todos eles en xeral, e a Xulio Conde en particular quero felicitar por este éxito e tamén por acercar o Ciclismo a tantos nenos/as ao longo dos máis de 20 Anos de Historia do Clube Ciclista Maceda na súa etapa moderna.

Por último só espero que este éxito anime aos Patrocinadores a seguir apostando polo proxecto do Clube Ciclista Maceda, un proxecto basado no traballo coa base, que lle da a oportunidade aos ciclistas de Maceda a participar nas mellores carreiras do estado.

1 comentario:

  1. vin a proba por teledeporte, o percorrido estaba completamente xeado o que non favorecía pra nada ós nosos, pouco acostumados a este terre.PAblo fixo unha carreira intelixente de menos a mais, noraboa

    ResponderEliminar